Grupo de figuración histórica torre de Torés

Grupo de figuración histórica torre de Torés Grupo de figuración histórica sobre os guerrilleiros na Comarca dos Ancares

Hoxe, tras 80 anos, podemos sacar á luz este documento e o seu informe adxunto: No plano están identificados estes dez l...
22/01/2026

Hoxe, tras 80 anos, podemos sacar á luz este documento e o seu informe adxunto:

No plano están identificados estes dez lugares onde existían núcleos guerrilleiros. Deles, Fontarón, Furco, Vilachá, Cruzul e Guilfrei pertencen ao concello de Becerreá. Nas proximidades da vila capital do municipio tamén se recoñece a existencia de guerrilleiros. No concello de As Nogais, cítanse Noceda, Doncos e a propia vila de As Nogais. Tamén se inclúe unha célula guerrilleira no concello de Cervantes.

Como se observa nesta ilustración, a maior concentración da guerrilla ten lugar nos montes que abeiran polo leste o río Navia. Quedan fóra do mapa as células de Fontarón, que se estendían polos montes de Sarceada, Foncova, Vilar de Frades, Caldoval.

Nun informe incautado ao Comité Provincial do PC de Lugo en 1946, recoñécese a existencia das seguintes guerrillas:

Concello de Becerreá:

Guerrilla nº 1. Na parroquia de Furco. Composta por sete homes en posesión de dúas armas curtas.

Guerrilla nº 2. Na parroquia de Becerreá. Integrada por cinco homes con dúas armas curtas.

Guerrilla nº 3. Na parroquia de Guilfrei. Composta por seis homes con tres armas curtas. Nesta parroquia, segue dicindo o informe, “existen 44 armas curtas e 8 longas que poderían recuperarse con intervención das guerrillas na hora H.”

Guerrilla nº 4. Na parroquia de Fontarón. Composta por tres homes que posúen unha arma longa.

Concello de As Nogais recoñécese a existencia de Comité de radio constituído e as seguintes guerrillas:

Guerrilla nº 1. Parroquia de Doncos. Composta por catro homes sen armas.

Guerrilla nº 2. Parroquia de Noceda. Composta por cinco homes sen armar.

Guerrilla nº 3. Parroquia de Viladicente. “Existe organización, pero non quixeron someterse a ningunha clase de central”.

22/01/1946 - 22/01/2026 Na memoria de todos aqueles que loitaron pola libertade na nosa comarca ❤️✊🏻
Coñecedes historias sobre estas guerrillas?

A finais de 1945, nun inverno que puxo a proba ata ás mulas ❄️, os guerrilleiros de Torés souberon alinear a súa estrate...
15/01/2026

A finais de 1945, nun inverno que puxo a proba ata ás mulas ❄️, os guerrilleiros de Torés souberon alinear a súa estratexia e contexto. A nevada histórica e as comunicacións precarias (liñas telefónicas intermitentes, camiños pechados e illamento rural) xeraron unha xanela de oportunidade para observar con calma as liñas de alta tensión que abastecían zonas clave da montaña lucense.
A misión era clara, facer un análise de materiais, estudo de torres metálicas, illadores e trazados, para así decidir cales serían os mellores explosivos para un futuro sabotaxe🏔️.

O estado maior liderou a folla de ruta, o Comandante Antonio, Cabo Pablo e Evaristo coordinaron a intelixencia no campo, cruzando información e avaliando riscos nunha contorna hostil.
Nun país de vales e montes, o pasado ensinaba que a lenta observación tamén é unha arma 📜.

Resultado? Un exercicio de planificación estratéxica nun tempo onde a neve era ruído… e tamén vantaxe para planificar un bon asalto.

Lección aprendida: cando o contexto manda, hai que optimizar os recursos, ler o territorio e actuar con cabeza fría. 😉

21/11/2025

Queres descubrir a historia viva de Torés? 👀

O último domingo do mes, o día 30, temos unha cita especial en As Nogais: unha ruta circular de 13 km que percorre os lugares máis emblemáticos da parroquia de Torés, escenario de feitos clave ligados á guerrilla antifranquista.

👉 Haberá representacións históricas e teatralizadas ao longo do percorrido, para mergullarte de verdade no que aconteceu neste territorio.

Un plan perfecto para quen lle gusta camiñar, aprender e conectar coa memoria do noso rural.

✨ Reserva a data e comparte con quen non o queira perder 😉.

Máis información no cartel ou contacto cos organizadores: Grupo de figuración histórica torre de Torés e Naviaventours.

Tras axustizar aos xefes de Falanxe, vixiar os puntos claves e tomar o control da praza, os guerrilleiros comen cos seus...
20/11/2025

Tras axustizar aos xefes de Falanxe, vixiar os puntos claves e tomar o control da praza, os guerrilleiros comen cos seus veciños na feira.

O Comandante Antonio retírase á abandonada Casa Rectoral, donde varios dos enlaces entreganlles algunhas provisións.

Mentres na praza os guerrilleiros descansan, o Neno e Artesa montan guardia ao tempo que a guerrilla de Estado Maior: Pablo como Comisario Político e o Capitán Evaristo como máximo capacitado fan acopio das provisións calculan os gastos en munición e redactan los sucesos.

O Comandante achegase para presidir a reunión do Estado Maior da partida para organizar a retirada de Torés, non podían permanecer moito tempo expostos.

Entón chega falando perfecto castelán, Juan Andrés Barreno Joya. Un Segoviano maestro, enlace e mineiro en Cabañas Raras que coñecera brevemente á partida na súa acción en Fabero.

Seguiunos ata As Nogais, alí unhos falanxistas vestidos de civiles déronlle o soplo de que unha comitiva de feirantes volvía da feira de Becerreá cheos de cartos. Serían boa presa para os guerrilleiros.

O inexperto enlace cae no engano sin saber que o asalto aos feirantes era unha trampa para atrapar aos líderes de la guerrilla.

Soto e Alcalá amosan a súa desconfianza ao igual que Cancelo, pero Sovpadenya confía nel.

Ante la disconformidade no grupo, o comandante opta por realizar unha votación para decidir se correr o riesgo de realizar o asalto ou no.

A votación saldase con con oito guerrilleros a favor, tres abstencións e ningún en contra, de tal modo que se decide que Comandante e Soto farán o asalto mentres el resto vigila a periferia.

¿qué pasou despois aquel nove de agosto de 1945?

20/10/2025

(25/08/1944) 🇫🇷🔥
La 2ª División Blindada del general Leclerc, con muchos españoles republicanos en sus filas, entra en la capital junto a la resistencia francesa.

16/09/2025

Os guerrilleiros dividíronse en dous grupos tras chegar á casa dos seus enlaces na casa rectoral de punto de apoio en Torés.

O primeiro grupo cubre ao segundo, o segundo subdivídese, compoñéndose por tres guerrilleiros que vestidos de feirantes simularán a venta de dous burros e unha caixa de pitos, mentres que os outros tres o Cabo Pablo, Evaristo e o Comandante Antonio infiltráranse na partida de cartas e no baile popular para achegarse a Firme Pérez Galón e a Santiago Rodríguez Rodríguez, Xefe e Subxefe de Falanxe da Zona de forma correspondente.

O Comandante Antonio tras acuatizar a Don Firme polos seus crimes durante a guerra e tras o Cabo Pablo axustizar a Don Santiago, os guerrilleiros do primeiro grupo toman a posesión da praza con armas largas, mantendo á población alí presente controlada no momento da acción.

O Alcalde da Parroquia de Torés e o seu Párroco enfrontaranse aos guerrilleiros, os cales serán atacados polo Somatén de Guilferi, sendo este reprimido polos mesmos.

A intención da acción era dar un golpe contundente no mercado para deixar claro que os guerrilleiros seguían ahí así como dixo o Comandante ni discurso, debido ás protestas alargouse a súa presenza na praza aquel 9 de agosto de 1945 o que condicionaría o seu futuro na aldea aquel día.

Moi boas a todos! Aquí tedes a info pertinente para poder vir a revivir a nosa historia, e camiñar polos sendeiros a tra...
12/09/2025

Moi boas a todos! Aquí tedes a info pertinente para poder vir a revivir a nosa historia, e camiñar polos sendeiros a través dos cales transcurriu a mesma! ✊🏻

A II Ruta da Guerrilla.

Torés, As Nogais, Sábado 4 de outubro ás 10:00h, 13 km de nivel medio.

Faremos un percorrido circular polos lugares
emblemáticos da represión franquista en Torés entre 1936 e 1950. Esta ruta tratase dunha ruta teatralizada na que poderedes ver varias actuacions e representacións relacionadas cos feitos que se explican e interpretan coa propia paisaxe! 🏞️

Nesta ruta poderedes vivir, nos escenarios reais da guerrilla, unha experiencia totalmente única e chea de sorpresas que vos deixarán con ganas de máis representacións e figuracions!!! 🤯💥

Organizan: Grupo de Figuración Histórica Torre de Torés e Naviaentours 🖊️

Contacto e reservas:

Carlos Díaz
☎️:652 514 029
📬:[email protected]

Hugo Fernández
☎️:682 391 337
📬: [email protected]

ANIMADEVOS!!! NON O PERDADES!!!

[menos]

Miguel Ángel Fernández Fernández "O Neno". O neno foi a lección mais importante que aprendeu o Comandante Antonio: non e...
25/08/2025

Miguel Ángel Fernández Fernández "O Neno".

O neno foi a lección mais importante que aprendeu o Comandante Antonio: non existe idade para a resistencia.

O pai do Neno, Severino Fernández, marchou en 1936 a Cataluña para combater nas filas do P.O.U.M. Tras a derrota da República, emigrou a Francia, deixando atrás a súa vida en Torés. Regresou a España en 1944 e incorporouse á partida creada polo Comandante Antonio naqueles anos.

O neno, exerceu como enlace dos guerrilleiros nos primeiros meses, coñecido como Angelito, este sempre lle preguntaba ao Comandante Antonio cando lle ensinaría a utilizar o fusil. Facía numerosas visitas ao seu pai, no monte, e pese á negativa de Antonio rematou por incorporarse á guerrilla.

Con tan solo 14 anos comezou a participar en todas as accións portando un revolver e unha escopeta de dous caños, demostrou resistencia forza e tenacidade para un cativo da súa idade, sorprendendo tanto a camaradas guerrilleiros como a enlaces.

O Comandante Antonio garda en especial estima ó Neno, e sempre evita que corra perigo.

✊🏻✊🏻✊🏻

21/08/2025

Remontámonos ao ano 1945.
A partida de 10 guerrilleiros dirixida polo anarquista Odilo Fernández Rodríguez, o Comandante Antonio, é informada por medio dos seus enlaces de que o Xefe de Falanxe da zona Firme Pérez Galón e Santiago Rodríguez Rodríguez, o subxefe de Falanxe de As Nogais van a acudir ao mercado que se celebra en agosto en Torés. 🗞️

Os guerrilleiros, alentados pola motivación da caída do fascismo en europa, creen que Franco non pode consolidarse na nova paz mundial, e planean un acto de axustizamento contra estes dous falanxistas, terribles represores e asesinos durante e tras a Guerra Civil. 🪖

Os guerrilleiros dividironse en dous grupos, un de eles chega primeiro a Torés para contactar cos enlaces da Casa Reitoral, o segundo grupo chega para disfrazarse e poder infiltrarse no mercado. 🕴🏻

Esta é unha historia ficticia pero con verosimilitude histórica adaptada ao contexto de 1945 e á xeografía de Torés do 2025 baseada tamén en feitos históricos da guerrilla antifranquista galaico-leonesa.

#1945

18/08/2025
ÚLTIMA TANDADA DE FOTOGRAFÍAS DE TORÉS ESCAPADO!!! Próximamente publicaremos videos dos actos así como explicacións dos ...
12/08/2025

ÚLTIMA TANDADA DE FOTOGRAFÍAS DE TORÉS ESCAPADO!!!
Próximamente publicaremos videos dos actos así como explicacións dos mesmos para que todos aqueles que non puideron asisyir se enteren dos feitos acaecidos o pasado 9 de agosto.
GRACIAS A TODOS DE CORAZÓN!!! ❤️✊🏻

Dirección

Torés
Becerreá
27190

Teléfono

+34682391337

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Grupo de figuración histórica torre de Torés publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Grupo de figuración histórica torre de Torés:

Compartir

Categoría