22/06/2023
https://www.facebook.com/100070915515198/posts/295824292791419/
🔥🪴🌳🌿Lavando a cara coas herbas de San Xoán. Vilar (Concello de Ordes) Anos 60
👉A imaxe máis fermosa que vimos, tanto polo que mostra como polo que transmite❤️ Unha avoa coa neta lavando a cara coas herbas na mañanciña de San Xoán🫣🫣
👉Este rito de San Xoán é moi propio da cultura galega e ten propiedades máxicas e curativas.. Antes do solpor é cando recolles as herbas, e na propia noite de San Xoán, para poder acceder ás súas propiedades curadoras, debes deixalas en auga – a poder ser auga de sete fontes distintas ou dunha fonte máxica- durante toda a noite ao aire libre, á luz da lúa e deixar que se empapen do orballo, logo tes que lavar a cara con elas nas primeiras horas do día seguinte. Lembra poñerlles toxo por enriba para que non meta o cú o demo!👹👹
🔥 Feito isto, estarás protexido durante todo o ano e tamén axudará a curar enfermidades da pel e mesmo a rexuvenecela. A auga é máxica, non a tires, podes usala para lavarte, botala polas leiras, casa...🌱🌿O cacho tes que gardalo e queimalo na fogueira no ano seguinte
👉Como facer o cacho de San Xoán: https://orgullogalego.gal/cacho-san-xoan/
👉Conversa sobre as herbas de San Xoán: https://youtu.be/iTJ3YXxIizQ
📷"Fondo Fotográfico Rey-Henningsen. Arquivo Gráfico do Museo do Pobo Galego"