31/05/2026
Compartimos esta publicación para amosarvos o orgullosos que estamos do éxito de outra edición do noso .
Queremos dar as grazas de corazón ao Museo do Castro de Viladonga por abrirnos as sús portas un ano máis, confiar no noso traballo e facer posible que poidamos impartir esta actividade nunha paraxe tan inmellorable. Para nós é un privilexio achegarvos todo o proceso de investigación e recuperación da cerámica castrexa que a Fundación Terra Termarum leva estudando e divulgando dende o ano 2005.
É un luxo amosarvos este proceso completo de fabricación dende o principio: dende que moldeamos o barro coas mans no taller ata que as pezas entran no forno de terra con combustible vexetal, recreando de xeito fiel como o facían os nosos antepasados.
Moitísimas grazas ao museo polo seu apoio incondicional, e por suposto, un grazas enorme a toda a xente asistente polo seu gran interese, entusiasmo e por compartir esta viaxe no tempo e na historia connosco. Sen vós non sería o mesmo! 👏
Permanecede moi atentos ás nosas redes sociais! Nuns días abrirase o forno, e será aí onde ocorra a verdadeira maxia de todo o proceso e vexamos o resultado final das pezas.
Fundación Pública Artesanía de Galicia
Concello de Cuntis Termas de Cuntis ENGASA GALICIA S.L Amigxs Dos Castros CMVMC de Castrolandín