Museos Históricos da Coruña

Museos Históricos da Coruña Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón e as 3 Casas Museo de Picasso, María Pita e Casares Quiroga

Esta mañá, ás 12:00, tivo lugar unha nova visita guiada ao Castro de Elviña.🛖🌳Un grupo numeroso de persoas percorreu o x...
31/05/2026

Esta mañá, ás 12:00, tivo lugar unha nova visita guiada ao Castro de Elviña.🛖🌳
Un grupo numeroso de persoas percorreu o xacemento, descubrindo a súa historia, nunha xornada soleada que permitiu g***r tamén das vistas sobre a cidade.
Grazas a todas as persoas participantes por acompañarnos!

Cultura da Coruña Galipat Servizos Culturais

Pola tarde, no Museo Arqueolóxico continuamos a celebración do DIM, reafirmando a importancia dos museos como lugares de...
23/05/2026

Pola tarde, no Museo Arqueolóxico continuamos a celebración do DIM, reafirmando a importancia dos museos como lugares de coñecemento e encontro coa historia, cun programa para todos os públicos: o obradoiro infantil "Mans á obra! Creamos como na prehistoria", o obradoiro para adultos "As Venus do Paleolítico: beleza, misterio e significado" e unha visita guiada.
Grazas por acompañarnos neste día tan especial para os museos!



Cultura da Coruña Galipat Servizos Culturais

Hoxe celebramos o Día Internacional dos Museos no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, espazo fundame...
23/05/2026

Hoxe celebramos o Día Internacional dos Museos no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, espazo fundamental para conservar, investigar e compartir o noso patrimonio.
Pola mañá, os máis pequenos tiveron o obradoiro infantil "A arte do repuxado" e todos gozamos cunha visita guiada para achegarnos á historia dun xeito participativo.
¡Anímate a descubrir o papel esencial dos museos con nós ao longo do día!

Cultura da Coruña Galipat Servizos Culturais

Este sábado ás 19 horas temos unha cita moi especial na Casa Museo Casares Quiroga. Silvia Penide estrea nova xira este ...
21/05/2026

Este sábado ás 19 horas temos unha cita moi especial na Casa Museo Casares Quiroga. Silvia Penide estrea nova xira este mes de maio baixo o título: “Los cuidados”. Novas cancións desta cantautora que leva máis de vintedous anos emocionándonos coas suas letras... E os que lle quedan por diante.

Ademáis da música, esta xira chega cun novo libro, o seu cuarto xa, titulado do mesmo xeito e que supón a súa homenaxe a un gremio que debemos reivindicar como sociedade: As auxiliares de enfermería que coidan milleiros de persoas cada día. Un espectáculo cun profundo significado. Non o perdas!
Entrada libre ata completar o espazo.

Ainda non tes plan para o sábado 23 de maio?Quedan poucas prazas para ver “Vinte. Visións, soños, sons e mentiras” a int...
20/05/2026

Ainda non tes plan para o sábado 23 de maio?Quedan poucas prazas para ver “Vinte. Visións, soños, sons e mentiras” a intervención escénica de Os Náufragos Teatro.

Sesión ás 11.00 e 18.00 horas.
Reservas: [email protected]

Unha proposta única que non podes perder. A que esperas? Vinte!!

Cultura da Coruña

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Museos, baixo o lema “Museos pola educación e a investigación".Na Coruña imos fes...
18/05/2026

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Museos, baixo o lema “Museos pola educación e a investigación".

Na Coruña imos festexalo o sábado 23 de maio cun programa especial de actividades.

📍🏰 No Castelo de San Antón teremos:

🕚 11:45 — Obradoiro infantil: A arte do repuxado
🕔 17:00 — Obradoiro infantil: Mans á obra! Creamos como na prehistoria
🕖 19:00 — Obradoiro para adultos: As Venus do Paleolítico: beleza, misterio e significado
🕛 12:00 — Visita ao Museo Arqueolóxico
🕘 21:00 — Visita ao Museo Arqueolóxico

Unha boa ocasión para achegarse ao noso patrimonio e g***r dos museos doutro xeito. Agardámosvos!

Cultura da Coruña Galipat Servizos Culturais

📣📣📣📣Xa podes inscribirte nas actividades do Día Internacional dos Museos 2026!!CASA MUSEO CASARES QUIROGA:- 12:00 Visita...
14/05/2026

📣📣📣📣Xa podes inscribirte nas actividades do Día Internacional dos Museos 2026!!

CASA MUSEO CASARES QUIROGA:
- 12:00 Visita guiada. Duración aprox. 50 min. Todos os públicos. Prazas: 25
▶️Inscricións: [email protected].
- 19:00 Concerto acústico de Silvia Penide. Duración aprox. 1 hora. ▶️Entrada libre ata completar o espazo.

Nacida na Coruña é cantautora e escritora con máis de vinte anos de traxectoria profesional. Cultiva un pop de autor íntimo e directo, con letras moi conectadas á emoción e ao social. Ademais da súa faceta musical, leva a cabo proxectos culturais e literarios e participa activamente en iniciativas que destacan ás mulleres creadoras.

CASA MUSEO MARÍA PITA
- 12:00 Escape Room dramatizado con María Pita. Duración aprox. 1 hora. Prazas: 20. Publico: familiar menores de 12 anos. Deberán ir acompañados dun adulto. ▶️Inscricións: [email protected].
- 18:00 Escape Room dramatizado con María Pita. Duración aprox. 1 hora. Prazas: 20. Público: familiar menores de 12 anos. Deberán ir acompañados dun adulto. ▶️Inscricións: [email protected].

María Pita interactuará cos participantes. A estrutura proposta lúdico-didáctica presentarase en formato “gamer”. Os grupos interactuarán con María Pita e deberán recadar a información suficiente para resolver un enigma da historia da cidade.

3.- CASA MUSEO PICASSO
- 11:00 Vinte. Os Náufragos
- 18:00 Vinte. Os Naufragos.
▶️Inscricións: [email protected].

Actividade teatral con percorridos escénicos na Casa Museo Picasso. VINTE é un proxecto de recuperación da memoria do territorio habitado pola familia Ruiz Picasso na Coruña a través das artes escénicas, promovido pola compañía Os Náufragos teatro. Desta volta, as distintas estancias do edificio que no seu día foi o fogar da familia Ruiz Picasso na Coruña -hoxe reconvertido en Casa Museo Picasso- serán o escenario de distintas accións teatrais e intervencións performáticas, musicais e visuais, coas que se busca dar a coñecer esta descoñecida etapa da nenez de Picasso.
Duración: 90 min.
Público: adulto.
Prazas: 30 en cada quenda divididos en dous grupos.

08/05/2026

Últimos días

08/05/2026

Dirección

La Coruña
15001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Museos Históricos da Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Museos Históricos da Coruña:

Compartir

Categoría