23/06/2024
💥Non sabes que facer na noite/día de San Xoán? O normal sería que saltaras o lume un número impar de veces nas moitas cacharelas da ...ata hai un barrio en Lalín coñecido como A Cacharela!
Pero... e se tes pirofobia🔥😱? Pois temos unha chea de encantadoras alternativas para ti!!
✅No Concello de LALÍN podes probar fortuna e acadar riqueza se escolles o obxecto adecuado da tenda que unha moura pon ese día no Castro de Cotarelo, en Goiás. Aínda que ás veces é un home que regala uns carbóns...ou se cadra non son carbóns.
✅Pola noite na Pena do Castro,en Castro de Cabras, vai comprobar se a moura que quedou escondida nunha cova cando botaron del ós mouros fai fume entre os penedos. No de Cristimil se cadra podes ver á moza que se transforma en cobra para ir tomar o sol e baixar beber ó río...a non ser que teña que gardar a súa galiña con pitiños de ouro!
✅No interior do Castro do Penedo en Doade podes escoitar o son dos muíños que os mouros botan a andar a partir da media noite. Non marches de alí porque se cadra este é o ano no que ó amencer, como ocorre cada 25 anos, aparece a súa moura seguida da súa galiña cos seus pitos. Tamén cada 25 anos aparece a galiña e os pitos de ouro entre as silveiras ó lado do Castro de Vilatuxe. Serás quen de atrapalos? Proba a túa puntería no de Riobó en Concello de Rodeiro , se consegues cuspir nos pitos brancos volveránse de ouro!
✅En Pazos no Concello de Silleda , tamén á media noite síntese gradar ós mouros cunha grade de ouro e uns bois encantados. Se te achegas á súa famosa fervenza antes de nacer o sol pode que vexas os bois de ouro co seu xugo, soliño e grade, tamén de ouro! De alí podes ir ó Castro de Cartimil en Siador a ver a galiña con pitos, ou á Peneda do Encanto no que a galiña con pitos indica que hai un tesouro enterrado.
✅Tés un colega cura que saiba ler e desler? Co escrito adecuado e resolución poderá desencantar o boi de ouro do Castro da Ponte – A Veiga. No Castro de Gresande proba a desencantar a muller que aparece en forma de cobra levándolle unha bica recién saída do forno. Lembra non nomear a Deus, á Virxe nin ós santos!
✅Na Pena da Frisca, en Toiriz , a galiña e os pitos saen por un burato da cova na que viven os mouros.
✅E que mellor que rematar mirando bailar o sol no Pico Mirón, entre Ollares e Carbia, onde no Coto das Catro Cornas o xefe dos mouros ten unha cadeira de pedra!
Para máis información destes e outros encantos da comarca:
https://lendasdamourindadedeza.blogspot.com/2016/11/mapa-das-lendas-da-mourindade-na.html