05/06/2026
Onte inaugurouse a nova mostra temporal “Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido, onde as cousas perdidas volven estar ben”, organizada por Dano Cerebral Galicia
A exposición xurde da experiencia compartida por 40 persoas usuarias das cinco asociacións galegas que integran a organización (A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo), no Laboratorio Artístico e Creativo do Dano Cerebral Adquirido, dirixido por Fuco Reyes durante a primaveira do 2025.
👉 O dano cerebral adquirido, causado principalmente por ictus, mais tamén por traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais e outras causas, pode deixar secuelas físicas, sensoriais, cognitivas, emocionais e sociais que afectan de maneira diferente a cada persoa.
A través das fotografías e dos manuscritos que acompañan as imaxes, as persoas participantes comparten sensacións de fractura, perda e reconstrución, facendo visible unha realidade que moitas veces permanece oculta.
“Somos as de antes do dano cerebral, as que foron ata o límite, as que volveron, as secuelas, un espello do que pode acontecer, somos moitas, multitude e multitudes.”
💙
📍 Bloque de mulleres - planta baixa
🗓️ Do 4 de xuño ao 30 de xullo do 2026
Cultura e Turismo de Lugo