Concello Mesía

Concello Mesía Páxina oficial do Concello de Mesía (A Coruña)

FESTAS🎊
07/09/2026

FESTAS🎊

𝗖𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗛𝗼𝗿𝘁𝗮 𝗘𝗰𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗮⁣🌶️🍅 O Concello de Mesía e o Concello de Frades organizan unha nova edición do Curso de Horta E...
02/09/2026

𝗖𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗛𝗼𝗿𝘁𝗮 𝗘𝗰𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗮⁣
🌶️🍅 O Concello de Mesía e o Concello de Frades organizan unha nova edición do Curso de Horta Ecolóxica, que dará comezo o vindeiro 19 de setembro.⁣
🗓️ O curso impartirase durante 5 sábados consecutivos⁣
📌 As clases teóricas terán lugar no Multiúsos de .⁣
📌 As clases prácticas terán lugar en ⁣
💲 Prezo: 20€⁣
☎️ Inscricións: 981 687 001

𝐈𝐍𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐒𝐎𝐁𝐑𝐄 𝐎 𝐀𝐏𝐀𝐆𝐎́𝐍 𝐀𝐂𝐎𝐍𝐓𝐄𝐂𝐈𝐃𝐎 𝐎 𝟐𝟓, 𝟐𝟔 𝐃𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎O Concello de Mesía informa de que logo do apagón sufrido o dí...
27/08/2026

𝐈𝐍𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐒𝐎𝐁𝐑𝐄 𝐎 𝐀𝐏𝐀𝐆𝐎́𝐍 𝐀𝐂𝐎𝐍𝐓𝐄𝐂𝐈𝐃𝐎 𝐎 𝟐𝟓, 𝟐𝟔 𝐃𝐄 𝐀𝐆𝐎𝐒𝐓𝐎
O Concello de Mesía informa de que logo do apagón sufrido o día 25 de agosto do actual, solicitouse unha reunión coa empresa prestadora do servizo para poder achegar información á veciñanza. A dita reunión tivo lugar hoxe día 27 ás 9:00 horas.
A liña que non funcionaba daba servizo a UDESA pero non era desta compañia senón de FENOSA (UFD distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy), habendo outra alternativa non se puido usar porque leva varios meses inoperativa, motivo polo cal pode volver a pasar.
👉Dende o concello reclamaremos a quen corresponda a garantía dun subministro eficiente e en debidas condicións como corresponde ao tempo en que vivimos, sea empresas ou Administración Autonómica competente na materia.
𝐐𝐮𝐞 𝐩𝐨𝐝𝐞𝐧 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐫 𝐨𝐬/𝐚𝐬 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐨𝐬/𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐮𝐬𝐮𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬❓
UDESA pón a disposición dos usuarios/as un enlace específico na súa páxina web para a presentación de reclamacións pola incidencia dos días 25 e 26 de agosto.
Todos/as aqueles que queiran presentar unha reclamación polos danos poden acceder á este enlace https://udesa.es/peticiones e cubrir os datos no formulario de "Reclamaciones incidencias 25 y 26 de agosto de 2026". Non é obrigatorio cubrir o campo de referencia catastral e poden adxuntar os documentos que consideren oportunos (fotos, facturas, etc). É importante que adxunten a última factura ou que sinalen o CUPs correspondente (está na factura pola parte de atrás).
Lembren que todos aqueles que teñan un seguro deben darlle o código que lles chegará o email despois de presentar a reclamación a UDESA.
Para aqueles que non teñan un seguro, deben presentar igual a reclamación e un perito da empresa valorará os danos.
Dende o concello axudaremos con este trámite a aquelas persoas que o necesiten.
As reclamacións tamén poden presentarse presencialmente nas oficinas de UDESA de Santiago de Compostela.
👉Adxuntamos o comunicado que nos remitiu a empresa a petición do Alcalde para coñecemento dos/as veciños/as.
https://www.concellodemesia.gal/sites/default/files/custom/servizos/noticias/comun/docs/Comunicado_Udesa_a_Concello_7.pdf

ARREDOR DO CASTELO 🎭🏰O vindeiro 11 de setembro propoñémosvos  unha tarde diferente arredor do noso patrimonio, cunha vis...
25/08/2026

ARREDOR DO CASTELO 🎭🏰

O vindeiro 11 de setembro propoñémosvos unha tarde diferente arredor do noso patrimonio, cunha visita guiada ao Castelo da Pobra Bascoi, da man de Árbore Arqueoloxía, e coa representación teatral “Muiñada”, a cargo de Galeatro.
📲 Anotarse no Concello de Mesía por whatsapp 699 453 750
¡Agardámosvos!

🏡 AXUDAS PARA A COMPRA OU AUTOPROMOCIÓN DE VIVENDA PARA MENORES DE 36 ANOSSe tes menos de 36 anos e estás pensando en me...
25/08/2026

🏡 AXUDAS PARA A COMPRA OU AUTOPROMOCIÓN DE VIVENDA PARA MENORES DE 36 ANOS

Se tes menos de 36 anos e estás pensando en mercar ou construír a túa propia vivenda, esta información interésache! 👇

A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria de axudas de 2026 para facilitar o acceso á vivenda en propiedade en concellos de ata 10.000 habitantes.

🔹 Ata 15.000 € de axuda por vivenda
🔹 A contía pode chegar ao 20 % do prezo de adquisición ou do custo da autopromoción
🔹 O prezo da vivenda ou o custo da autopromoción non poderá superar os 250.000 €
🔹 A vivenda deberá ser a residencia habitual e permanente durante un mínimo de 5 anos
🔹 Como regra xeral, nin a persoa solicitante nin os membros da súa unidade de convivencia poderán ser propietarios ou usufrutuarios doutra vivenda en España.

📅 Prazo de solicitude: do 27 de agosto ao 16 de novembro de 2026.
👉 Consulta todos os requisitos e a documentación necesaria na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260819/AnuncioC3Q2-110826-0002_gl.html

FESTAS 🎊
21/08/2026

FESTAS 🎊

FORMACIÓN ⬇Achegamos dúas formacións básicas para os/as coidadores/as de persoas con dano cerebral adquirido. Os cursos ...
17/08/2026

FORMACIÓN ⬇
Achegamos dúas formacións básicas para os/as coidadores/as de persoas con dano cerebral adquirido. Os cursos son de Balde e as persoas asistentes recibirán un certificado de superación do curso emitido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns
✅Formación Especializada en Daño Cerebral Adquirido: Alimentación, Deglución y Nutrición .
✅Apoio no fogar a persoas con dano cerebral adquirido.

⚠  𝐀 𝐀𝐔𝐆𝐀 𝐍𝐎𝐍 𝐄́ 𝐈𝐍𝐅𝐈𝐍𝐈𝐓𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐒𝐔́𝐌𝐄𝐀 𝐂𝐎𝐍 𝐂𝐀𝐁𝐄𝐙𝐀💧🗣O Concello de Mesía, en consonancia coas medidas que xa están a aplicar ...
17/08/2026

⚠ 𝐀 𝐀𝐔𝐆𝐀 𝐍𝐎𝐍 𝐄́ 𝐈𝐍𝐅𝐈𝐍𝐈𝐓𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐒𝐔́𝐌𝐄𝐀 𝐂𝐎𝐍 𝐂𝐀𝐁𝐄𝐙𝐀💧

🗣O Concello de Mesía, en consonancia coas medidas que xa están a aplicar municipios veciños da nosa mesma conca hidrolóxica , endurece o control do uso do recurso público. Baixo o lema "A auga non é infinita, consume con cabeza", incorpóranse as seguintes prohibicións e normas estritas para evitar cortes severos no subministro:
Restricións e Prohibicións Inmediatas
✅Piscinas e lavado: Queda totalmente prohibido utilizar a auga da rede pública para encher piscinas privadas e para o lavado de vehículos particulares.
✅Rego: Prohíbese o uso de auga potable para o rego de xardíns, céspedes ou hortas.
✅Sector gandeiro: En liña coas ordenanzas específicas do noso contorno rural, o uso de auga nas explotacións limítase estritamente ao consumo dos animais e ás tarefas esenciais de limpeza de equipos de muxido e tanques de frío.

𝐃𝐚𝐭𝐨𝐬 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐚 𝐀𝐥𝐞𝐫𝐭𝐚
👉Motivo: Activación do escenario de prealerta por escaseza moderada decretada pola Xunta de Galicia con data do 11 de agosto de 2026.
👉Ámbito: Unidade territorial de escaseza 06 (Río Tambre e ría de Muros e Noia), zona na que se sitúa o noso concello.
👉Control municipal: O concello está obrigado a remitir diariamente a Augas de Galicia os datos de caudal captado, subministrado e as perdas materiais na rede.
🤝Lembramos a toda a veciñanza que a colaboración e a responsabilidade colectiva son fundamentais nesta situación❗️

SAÍDA A AVIFAUNA 🦜🦉🐦Hoxe fomos de visita a Avifauna, nunha saída aberta aos nenos e nenas que participan no campamento e...
14/08/2026

SAÍDA A AVIFAUNA 🦜🦉🐦

Hoxe fomos de visita a Avifauna, nunha saída aberta aos nenos e nenas que participan no campamento e a calquera persoa que quixese acompañarnos.

Acompañados polas súas nais e polos monitores, todos desfrutamos dunha xornada diferente, na que puidemos coñecer de preto unha gran variedade de aves .
Un día para aprender, descubrir e pasalo xenial!


FESTAS🎊🎉
12/08/2026

FESTAS🎊🎉

Dirección

Xanceda
Mesia
15685

Horario de Apertura

Lunes 07:15 - 15:00

Teléfono

+34981687001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello Mesía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir