Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense A comezos do ano 2002, o museo pecha ao público para acometer obras de remodelación en profundidade.

Os servicios do museo trasládanse ao edificio Santa María de Europa, na Carballeira, no que se almacenan a maioría das coleccións, agás unha selección da escultura máis representativa, que se mostra permanentemente dende maio de 2006, baixo o titulo “Escolma de Escultura” na sala de exposicións San Francisco, que serve tamén de base para outras actividades puntuais. O Museo naceu por iniciativa da

Comisión Provincial de Monumentos en 1845, e tivo a súa sede no edifico do antigo Colexio dos Xesuítas da actual rúa de Lamas Carvajal, de onde foi desaloxado en 1852, dispersándose os seus fondos, trasladándose despois ás oficinas da Deputación Provincial, que por aquelas datas se atopaba no antigo Convento de San Domingos. Posteriormente, os seus fondos foron trasladados a diversos sitios, dividíndose entre o Palacio Provincial, o Hospital e outros lugares, como ocorreu cos fondos que se lle cederon ao Concello de Celanova e que agora están na sancristía da igrexa do mosteiro. No ano 1895 a Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense decidiu a creación dun Museo Arqueolóxico Provincial no que se puidesen conservar todos os testemuños do pasado histórico do territorio da provincia e onde se puidesen reunir os tesouros dispersos que formaran parte do Museo de Pinturas. O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense abriu ao público o ano seguinte nunha instalación nos baixos do Palacio Provincial. As coleccións creceron considerablemente en pouco tempo e pronto cumpriu un espacio máis amplo, dando lugar aos primeiros traslados ata o seu asentamento no ano 1904 no Centro Provincial de Instrucción (o actual Instituto de Ensino Secundario “Otero Pedrayo”), converténdose en punto de referencia imprescindible para a vida intelectual da Galicia da época e para os visitantes con inquedanzas. O incendio do Centro, que o Museo compartía coa Biblioteca Pública e o Instituto de Segunda Ensinanza, na noite do 8 de nadal de 1927 provocou a destrucción da maioría dos fondos da Biblioteca e dunha parte dos do Museo. O estado do edificio motivou unha serie de traslados e o almacenamento dos fondos en circunstancias deficientes que estiveron a piques de provocar a súa desaparición. Cando se conseguiu un novo local, o antigo hospital das Mercedes, a Guerra civil impediu a instalación e, en novembro de 1938, a Administración do Novo Estado acordou que o Museo se integrase nos da súa dependencia, servidos polos funcionarios do Corpo Facultativo, acordo que se fixo efectivo seguidamente, firmándose acta do traspaso o 11 de febreiro de 1939. O Museo Provincial que xorde desta aceptación desenvolveu un activo labor de investigación arqueolóxica, recoñecido en diversas ocasións de maneira explícita, así como de recollida e conservación de elementos artísticos e etnográficos que enriquecen paulatinamente as súas coleccións. Nese traballo participaron activamente algúns membros da antiga Comisión de Monumentos e outros investigadores que se vinculan ao Museo a través do Grupo Marcelo Macías de colaboradores, creado en 1940. En 1993, a sección de etnografía, con sede en Ribadavia, separouse para converterse nun museo independente con este exclusivo carácter.

[GAL]Hoxe as 19:30h no Centro Cultural Marcos ValcárcelTamén dispoñible en streaming:https://www.youtube.com/live/ocZkgo...
07/09/2026

[GAL]

Hoxe as 19:30h no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Tamén dispoñible en streaming:https://www.youtube.com/live/ocZkgoGT0bY

[CAST]

Hoy a las 19:30 h en el Centro Cultural Marcos Valcárcel.

También disponible en streaming: https://www.youtube.com/live/ocZkgoGT0bY

[GAL]

Arqueoloxía en monodose: "Dende fai vinte anos temos un plan: o Museo de León en 2026 ”

O Museo de León, vinculado á práctica arqueolóxica desde a súa creación en 1869, pasou a ocupar a súa actual sede no ano 2007. Quen é o seu director dende o ano 1990 invítanos a facer un percorrido por esta institución.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 7 de setembro | 🕢 19:30 h

📺 En streaming no noso canal de YouTube!

👉 Consulta todas as actividades do MAPOU para este mes na nosa web: https://musarqourense.xunta.gal/gl/actualidade/actividades/actividades-do-mapou-en-setembro-do-2026

[CAST]

Arqueología en monodosis: “Desde hace veinte años tenemos un plan: el Museo de León en 2026”

El Museo de León, vinculado a la práctica arqueológica desde su creación en 1869, pasó a ocupar su actual sede en el año 2007. Quien es su director desde el año 1990 nos invita a hacer un recorrido por esta institución.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 7 de septiembre | 🕢 19:30 h

📺 En streaming en nuestro canal de YouTube

👉 Consulta todas las actividades del MAPOU para este mes en nuestra web: https://musarqourense.xunta.gal/es/actualidad/actividades/actividades-del-mapou-en-septiembre-del-2026

[GAL]✨ ¡Xa está aquí a Peza do Mes de setembro! 🍁 O día 9 de setembro, ás 20:00 h,  Ángel Domínguez López presentará a e...
04/09/2026

[GAL]

✨ ¡Xa está aquí a Peza do Mes de setembro! 🍁

O día 9 de setembro, ás 20:00 h, Ángel Domínguez López presentará a escultura “Neno Sentado” obra do escultor ourensán Antonio Faílde. A pezam realizada en terracota, presenta unha composición e un modelado moi próximos os das súas obras realizadas en pedra. Ven coñecela na nosa sala de exposicións «Escolma de escultura» en San Francisco (Rúa da Granxa, 1D, 32005, Ourense).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Podes ver máis información na nosa web: https://musarqourense.xunta.gal/gl/difusion/peza-do-mes/neno-sentado

[CAST]

✨ ¡Ya está aquí la Pieza del Mes de septiembre! 🍁

El día 9 de septiembre, a las 20:00 h, Ángel Domínguez López presentará la escultura “Niño Sentado” obra del escultor orensano Antonio Faílde. La pieza, realizada en terracota, presenta una composición y un modelado muy cercanos a los de sus obras realizadas en piedra. Ven a conocerla en nuestra sala de exposiciones «Escolma de Escultura» en San Francisco (Rúa da Granxa, 1D, 32005, Ourense).

La entrada es libre hasta completar aforo.

Puedes ver más información en nuestra web: https://musarqourense.xunta.gal/es/difusion/pieza-del-mes/nino-sentado

[GAL]Arqueoloxía en monodose: "Dende fai vinte anos temos un plan: o Museo de León en 2026 ”O Museo de León, vinculado á...
03/09/2026

[GAL]

Arqueoloxía en monodose: "Dende fai vinte anos temos un plan: o Museo de León en 2026 ”

O Museo de León, vinculado á práctica arqueolóxica desde a súa creación en 1869, pasou a ocupar a súa actual sede no ano 2007. Quen é o seu director dende o ano 1990 invítanos a facer un percorrido por esta institución.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 7 de setembro | 🕢 19:30 h

📺 En streaming no noso canal de YouTube!

👉 Consulta todas as actividades do MAPOU para este mes na nosa web: https://musarqourense.xunta.gal/gl/actualidade/actividades/actividades-do-mapou-en-setembro-do-2026

[CAST]

Arqueología en monodosis: “Desde hace veinte años tenemos un plan: el Museo de León en 2026”

El Museo de León, vinculado a la práctica arqueológica desde su creación en 1869, pasó a ocupar su actual sede en el año 2007. Quien es su director desde el año 1990 nos invita a hacer un recorrido por esta institución.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 7 de septiembre | 🕢 19:30 h

📺 En streaming en nuestro canal de YouTube

👉 Consulta todas las actividades del MAPOU para este mes en nuestra web: https://musarqourense.xunta.gal/es/actualidad/actividades/actividades-del-mapou-en-septiembre-del-2026

[GAL]Axenda de setembro 2026:  -Arqueoloxía en monodose: “Dende fai vinte anos temos un plan: o Museo de León en 2026” p...
27/08/2026

[GAL]

Axenda de setembro 2026:



-Arqueoloxía en monodose: “Dende fai vinte anos temos un plan: o Museo de León en 2026” por Luis Grau Lobo



📝 Entrada libre ata completar capacidade.


📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)


📅 Cando: Luns 7 de setembro, ás 19:30 h.



- Presentación da peza do mes: "Neno sentado. Antonio Faílde", da man de Ángel Domínguez López.


📝 Entrada libre ata completar capacidade.



📍 Onde: Escolma de escultura (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense)


📅 Cando: Mércores 9 de setembro, ás 20:00 h.



-Arqueoloxía en monodose: “Monumentos con Forno en castros costeiros do Ortegal e da Mariña Lucense” por Emilio Ramil González


📝 Entrada libre ata completar capacidade.


📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)


📅 Cando: Luns 14 de setembro, ás 19:30 h.



-Arqueoloxía en monodose: "Museo Nacional y Centro de Investigación de Altamira” por Pilar Fatás Monforte


📝 Entrada libre ata completar capacidade.


📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)


📅 Cando: Luns 21 de setembro, ás 19:30 h.



-Arqueoloxía en monodose: "Arte paleolítica en Cova Eirós: novas imaxes, novas interpretacións” por Tania Mosquera Castro


📝 Entrada libre ata completar capacidade.


📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)


📅 Cando: Luns 28 de setembro, ás 19:30 h.

[CAST]

Agenda de septiembre de 2026:

-Arqueología en monodosis: "Desde hace veinte años tenemos un plan: el Museo de León en 2026" por Luis Grau Lobo

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 7 de septiembre, a las 19:30 h.

-Presentación de la pieza del mes: "Neno sentado. Antonio Faílde", de la mano de Ángel Domínguez López.

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Escolma de escultura (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense)

📅 Cuándo: Miércoles 9 de septiembre, a las 20:00 h.

-Arqueología en monodosis: "Monumentos con horno en castros costeros del Ortegal y la Mariña Lucense" por Emilio Ramil González

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 14 de septiembre, a las 19:30 h.

-Arqueología en monodosis: "Museo Nacional y Centro de Investigación de Altamira" por Pilar Fatás Monforte

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 21 de septiembre, a las 19:30 h.

-Arqueología en monodosis: "Arte paleolítico en Cova Eirós: nuevas imágenes, nuevas interpretaciones" por Tania Mosquera Castro

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 28 de septiembre, a las 19:30 h.

[GAL]O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense fai público o seu pesar polo pasamento de don Manuel Martín-Bueno, Cated...
07/08/2026

[GAL]

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense fai público o seu pesar polo pasamento de don Manuel Martín-Bueno, Catedrático de Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática da Universidad de Zaragoza. Desenvolveu as súas investigacións en diferentes nas áreas da0 Arqueoloxía, a Arqueoloxía Subacuática e a Lexislación do Patrimonio Cultural. S·T·T·L

[CAST]

El Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense hace público su pesar por el fallecimiento de don Manuel Martín-Bueno, Catedrático de Arqueología, Epigrafía y Numismática de la Universidad de Zaragoza. Desarrolló sus investigaciones en diferentes áreas de la Arqueología, la Arqueología Subacuática y la Legislación del Patrimonio Cultural. S·T·T·L

(Foto: Juan Carlos Gil Ballano / Patrimonio cultural de Aragón)

[GAL]⭐ 25 de xullo — Santiago Apóstolo / Día de GaliciaMañá celébrase a festa grande de Galicia. Dende o MAPOU queremos ...
24/07/2026

[GAL]

⭐ 25 de xullo — Santiago Apóstolo / Día de Galicia

Mañá celébrase a festa grande de Galicia. Dende o MAPOU queremos sumarnos á conmemoración lembrando unha peza ligada a esta celebración: unha figura de acibeche que representa a Santiago Peregrino, aparecida entre as pedras dunha calzada medieval nas Burgas de Ourense, por onde transitaban os romeiros no seu camiño xacobeo.

Un obxecto con significado nestas datas. Bo Apóstolo!

👉 Coñece máis sobre esta peza: https://musarqourense.xunta.gal/gl/peza-mes/santiago-peregrino-de-acibeche-burgas-ourense

[CAST]

⭐ 25 de julio — Santiago Apóstol / Día de Galicia

Mañana se celebra la fiesta grande de Galicia. Desde el MAPOU queremos sumarnos a la conmemoración recordando una pieza ligada a esta celebración: una figura de azabache que representa a Santiago Peregrino, aparecida entre las piedras de una calzada medieval en las Burgas de Ourense, por donde transitaban los romeros en su camino jacobeo.

Un objeto con significado en estas fechas. ¡Buen Apóstol!

👉 Conoce más sobre esta pieza: https://musarqourense.xunta.gal/es/pieza-mes/santiago-peregrino-de-azabache-burgas-ourense

[GAL]Poñemos punto final a esta tempada do ciclo de conferencias «Arqueoloxía en monodose».Queremos expresar o noso máis...
17/07/2026

[GAL]

Poñemos punto final a esta tempada do ciclo de conferencias «Arqueoloxía en monodose».

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos os poñentes que compartiron connosco o seu tempo e o seu coñecemento ao longo destes meses. Grazas á súa xenerosa colaboración foi posible achegar a investigación arqueolóxica e o patrimonio á cidadanía de Ourense.

O ciclo retomará a súa actividade en setembro. ¡Agardámosvos!

[CAST]

Ponemos punto final a esta temporada del ciclo de conferencias «Arqueología en monodosis».

Queremos expresar nuestro más sincero agradecimiento a todos los ponentes que han compartido con nosotros su tiempo y su conocimiento a lo largo de estos meses. Gracias a su generosa colaboración ha sido posible acercar la investigación arqueológica y el patrimonio a la ciudadanía de Ourense.

El ciclo retomará su actividad en septiembre. ¡Os esperamos!

[GAL]Este mes de xullo de 2026 está ilustrado no calendario do museo pola exposición «Arte prerrománica en Ourense» a ca...
10/07/2026

[GAL]

Este mes de xullo de 2026 está ilustrado no calendario do museo pola exposición «Arte prerrománica en Ourense» a cal tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid entre o 10 de decembro de 2025 e o 25 de xaneiro de 2026. Esta mostra, comisariada por Avelino Rodríguez, permitiu dar a coñecer en Madrid unha parta da riqueza patrimonial de Ourense, ampliando a súa proxección máis aló da nosa Comunidade Autónoma.
https://musarqourense.xunta.gal/gl/exposicions/exposicion-arte-prerromanica-en-ourense

[CAST]

Este mes de julio de 2026 está ilustrado en el calendario del museo por la exposición «Arte prerrománica en Ourense», la cual tuvo lugar en la Casa de Galicia en Madrid entre el 10 de diciembre de 2025 y el 25 de enero de 2026. Esta muestra, comisariada por Avelino Rodríguez, permitió dar a conocer en Madrid una parte de la riqueza patrimonial de Ourense, ampliando su proyección más allá de nuestra Comunidad Autónoma.
https://musarqourense.xunta.gal/es/exposiciones/exposicion-arte-prerromanica-en-ourense

Dirección

Rúa Xílgaros S/n
Orense
32005

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría