20/05/2026
Se hai un artista que fixou coa súa pintura o que se entende por "enxebre", ese é Fernando Álvarez de Sotomayor. Co seu idealismo costumista pintou labregos, romarías, banquetes, traballos e costumes, fixando o canon da pintura rexionalista amable e conformista contra a que se revelaron Castelao e os Renovadores, pero que perdurou no imaxinario colectivo.
"De volta" é un cadro dos seus últimos anos, no que retrata a José Mato Fernández, un labrego de Xornes (Ponteceso) que usou de modelo en varias ocasións. No pazo de Sergude situado nesta parroquia pasou Sotomayor longas tempadas, que aproveitou para retratar a veciños e veciñas, transformado en arquetipos do galego.
Fernando Álvarez de Sotomayor é unha figura clave da pintura galega e da española de finais do XIX e a primeira metade do XX. Sobre el falará no Museo este xoves 21 de maio ás 19:00 Javier Barón, xefe de Pintura do Século XIX do Museo do Prado.
🖼️ De volta
Óleo, ca. 1955
Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960)
🗣️ Conferencia de Javier Barón Thaidigsmann: “A personalidade artística de Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960)”
🗓️ Xoves 21 de maio de 2026, ás 19:00 h
📍 Edificio Castelao
Si hay un artista que fijó con su pintura lo que se entiende por "enxebre", ese es Fernando Álvarez de Sotomayor. Con su idealismo costumbrista pintó campesinos, romerías, banquetes, trabajos y costumbres, fijando el canon de la pintura regionalista amable y conformista contra la que se revelaron Castelao y los Renovadores, pero que perduró en el imaginario colectivo.
"De vuelta" es un cuadro de sus últimos años, en el que retrata a José Mato Fernández, un campesino de Xornes (Ponteceso) que utilizó como modelo en varias ocasiones. En el pazo de Sergude situado en esta parroquia pasó Sotomayor largas temporadas, que aprovechó para retratar a vecinos y vecinas, transformados en arquetipos de lo gallego.
Fernando Álvarez de Sotomayor es una figura clave de la pintura gallega y de la española de finales del XIX y la primera mitad del XX. Sobre él hablará en el Museo este jueves 21 de mayo a las 19:00 Javier Barón, jefe de Pintura del Siglo XIX del Museo del Prado.