Museo do Viño de Galicia

Museo do Viño de Galicia Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Museo do Viño de Galicia, Museo de Historia, Santo André de Camporredondo, s/n, Ribadavia.

A exposición permanente homenaxea o cultivo da vide e o proceso produtivo do viño./La exposición permanente homenajea el cultivo de la vid y el proceso productivo del vino.

RIBADUMIA ULTIMA A EDICIÓN ANUAL DA  GRAN REIVINDICACIÓN DA TIPICIDADE DOS SEUS TINTOS DE BARRANTESRibadumia comeza a sú...
15/05/2026

RIBADUMIA ULTIMA A EDICIÓN ANUAL DA GRAN REIVINDICACIÓN DA TIPICIDADE DOS SEUS TINTOS DE BARRANTES

Ribadumia comeza a súa semana de cata previa coa participación de máis de 120 variedades de viño, incluíndo tintos de Barrantes e uvas locais, colleitadas a pasada fin de semana. "Demostra o impacto positivo da Festa do Viño Tinto e o interese e o agarimo que os viticultores seguen a mostrar ano tras ano", afirmou o Concello. Este é un paso previo crucial para o bo desenvolvemento da festa, que terá lugar entre o 4 e o 7 de xuño. De feito, o groso do traballo realízase durante estas semanas, cando os organizadores terán que reducir os viños a 12 finalistas. A partir de aí, só seis recibirán premios.
As catas están abertas ao público e celebraranse todos os días da semana no Centro Comunitario de Barrantes a partir das 21:00 horas. "Este sistema é cada vez máis apreciado porque permite aos asistentes participar e mesmo catar e avaliar os tintos", explica a organización.

Las precatas arracaron ayer y se extienden toda la semana; además, son abiertas al público

TERRAS GAUDA EXPÓN EN VIGO  A COLLEITA DOS SEUS 25 ANOS DE MECENADO DO DESEÑO GRÁFICO A NIVEL MUNDIAL A Adega Terras Gau...
14/05/2026

TERRAS GAUDA EXPÓN EN VIGO A COLLEITA DOS SEUS 25 ANOS DE MECENADO DO DESEÑO GRÁFICO A NIVEL MUNDIAL

A Adega Terras Gauda celebra o 25 aniversario da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón, consolidada como un referente internacional do deseño gráfico. Así o demostran as 2.120 obras presentadas en 2016 procedentes de 83 países dos cinco continentes, que se poderán visitar en Vigo con esta exposición, aberta ata o 3 de xuño na Estación Marítima de Vigo, de luns a domingo, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00.
Esta mostra de arte gráfica contemporánea serve como nexo para diversas culturas nun mesmo espazo: Austria, Islandia, Italia, Noruega, o Reino Unido e Suíza de Europa; Brasil, Costa Rica, Canadá, O Salvador, Estados Unidos, Xamaica e México de América; China, India, Malaisia, Xapón e Taiwán de Asia; Australia e Nova Zelandia de Oceanía; e Exipto, Marrocos, Mauricio, Nixeria e Sudáfrica do continente africano.

 EL 25º aniversario de la Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón pone en valor el cartelismo como nexo de unión de diferentes culturas en la exposición, que se puede visitar hasta el 3 de junio en la Estación Marítima de Vigo Bodegas Terras Gauda cel...

MONTERREI  VIAXOU A MARBELLA PARA PROMOCIONAR OS VIÑOS DE MÁIS DUNHA VINTENA DAS SÚAS ADEGASUn total de 41 viños, repres...
13/05/2026

MONTERREI VIAXOU A MARBELLA PARA PROMOCIONAR OS VIÑOS DE MÁIS DUNHA VINTENA DAS SÚAS ADEGAS

Un total de 41 viños, representativos de 22 das adegas rexistradas na Denominación de Orixe (D.O.) Monterrei, estiveron esta semana presentados no restaurante La Perla Marbella, situado na costa mediterránea no corazón desta cidade da Costa do Sol, na provincia de Málaga. O evento, organizado polo Consello Regulador da D.O., permitiu aos participantes —profesionais dos sectores da hostalería e a distribución— catar 26 viños brancos e 15 viños tintos.

Más de 70 profesionales de la hostelería y la distribución conocieron en Marbella referencias de tintos y blancos de la D.O. Monterrei

GRUPOS COMO LAMATUMBÁ OU ALLO NEGRO COMPETIRÁN O 27 POLA FINAL DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA DESTE ANONunha comunid...
12/05/2026

GRUPOS COMO LAMATUMBÁ OU ALLO NEGRO COMPETIRÁN O 27 POLA FINAL DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA DESTE ANO

Nunha comunidade tan amante da música e as verbenas como Galicia, a adega Martín Códax continúa consolildando o seu peculiar modelo de enoturismo baseado na promoción cultural.
Do rock ao folk, das verbenas aos proxectos de difusión. A décimo terceira gala de finalistas dos Premios Martín Códax da Música volveu demostrar o pasado mércores a saúde de ferro da escena musical galega con quince categorías que abrazan todos os estilos imaxinables.
Xa so queda a final, o próximo día 27 no que na categoría metal e heavy estará representada polos grupos Irko, Keepers e Talensien. A de blues, funk e soul por Sabela Cereijo, Allo Negro e Guilherme Zapata. A de rock e punk por Loita Amada, Broken Peach e Stoned at Pompeii. Na beira electrónica pasan á final Galician Army, K**e Varela e Løch. En música urbana fixeron o propio Hugo Guezeta, Habló Pablo e Lumedollop. No caso das orquestras, foron Lamatumbá, Orquestra Bravú Xangai e La Fórmula.

57 proxectos clasifícanse para a gala final do día 27 no Pazo da Cultura de Pontevedra

MÁIS DUN CENTO DE VISITANTES Á COMARCA DE MONTERREI NA FIN DE SEMANA DE PORTAS ABERTAS DA RUTA DO VIÑOMáis de 100 persoa...
11/05/2026

MÁIS DUN CENTO DE VISITANTES Á COMARCA DE MONTERREI NA FIN DE SEMANA DE PORTAS ABERTAS DA RUTA DO VIÑO

Máis de 100 persoas procedentes das catro provincias galegas achegáronse ata Verín, Oímbra e Monterrei esta fin de semana co gallo da 15ª edición do programa Primavera de Portas Abertas nas Rutas do Viño. Os grupos de visitantes, distribuídos en autobuses dende Santiago, Vigo e A Coruña, completaron un amplo cronograma que incluíu paradas en adegas emblemáticas como Adegas Triay, Bodega Vía Arxentea, Bodega Pazo de Valdeconde, Bodegas Daniel Fernández e Bodegas Ladairo.
As xornadas continuarán durante as vindeiras semanas dedicando unha fin de semana a cada ruta específica; tras o inicio en Monterrei do 8 ao 10 de maio, a actividade trasladarase a Valdeorras do 15 ao 17 de maio, a Rías Baixas do 22 ao 24 de maio, a Ribeira Sacra do 29 ao 31 de maio e finalizará no Ribeiro entre o 5 e o 7 de xuño.

A comarca acolle esta fin de semana a celebración da 15ª edición do programa Primavera de Portas Abertas nas Rutas do Viño. Máis de 100 persoas procedentes d...

[GAL] Con motivo da anual celebración da Feira do Viño do Ribeiro, o RibeiroBus voultou a percorrer as nosas estradas e ...
10/05/2026

[GAL] Con motivo da anual celebración da Feira do Viño do Ribeiro, o RibeiroBus voultou a percorrer as nosas estradas e paisaxes.

Un ano máis, a iniciativa demostrou o seu éxito e atractivo para o público. O vehículo, un autobús histórico modelo Mercedes-Benz O 3500, do ano 1954, realizou un marabilloso percorrido no que os visitantes se puideron achegar á historia, a natureza e o encanto da comarca do Ribeiro. Unha maneira ideal de coñecer a rexión e os seus viños nunha viaxe que contou con parada no Museo do Viño de Galicia.

[CAST] Con motivo de la anual celebración de la Feria del Vino de O Ribeiro, el RibeiroBus volvió a recorrer nuestras carreteras y paisajes.

Un año más, la iniciativa demostró su éxito y atractivo para el público. El vehículo, un autobús histórico modelo Mercedes-Benz O 3500, del año 1954, realizó un maravilloso recorrido en el que los visitantes se pudieron acercar a la historia, naturaleza y al encanto de la Comarca de O Ribeiro. Una manera ideal de conocer la región y sus viñedos en un viaje que contó con parada en el Museo del Vino de Galicia.

A PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS DO RIBEIRO CELEBRARASE A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE XUÑOA Primavera de Portas Abertas na Ru...
09/05/2026

A PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS DO RIBEIRO CELEBRARASE A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE XUÑO

A Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro terá lugar do 5 ao 7 de xuño, promovido e financiado por Turismo de Galicia. Entre as actividades previstas hai visitas guiadas gratuítas ás adegas participantes, catas de viños e descontos en aloxamentos e restaurantes.
Estes establecementos ofrecerán dous menús deseñados especialmente para a ocasión. Entre as actividades máis destacadas deste ano inclúense unha concentración fotográfica polas ribeiras do río Miño, unha ruta de sendeirismo para descubrir o castro de Santa Lucía en Castrelo de Miño e un obradoiro de "Arte e Viño" que combina pintura, viño e gastronomía. Tamén haberá unha visita teatralizada á igrexa da Veracruz e ao festival Sons do Viño en Ribadavia.

Un fin de semana de enoturismo con visitas a bodegas, catas, actividades culturales y rutas especiales por el Ribeiro.

As orixes do terroir [GAL] As orixes deste termo son moito máis antigas que o seu uso para describir o carácter dos viño...
07/05/2026

As orixes do terroir

[GAL] As orixes deste termo son moito máis antigas que o seu uso para describir o carácter dos viños. A terminoloxía, que parece ter surxido en época moderna, tiña en principio connotacións negativas asociadas ao sabor que a terra lle concedía a certos produtos agrícolas. Algo, que, según se pode ver en documentación pertencente ao palacio de Versalles, intentábase disimular ou eliminar.

O seu uso para o viño debe esperar, por contra, ata o século XIX. E, ao mesmo tempo, nesta centuria acontece unha resifgnificación na que o terroir pasa a ser comprendido como algo beneficioso e interesante para os caldos. Grazas a fitos clave decimonónicos como a Exposición Universal do 1855, o desenrolo do sistema de Appellation d'origine contrôlée ou o impacto da filoxera, este termo pasou a empregarse como forma de diferenciar positivamente a certos viño fronte a outros e, ao memso tempo, destacar a súa calidade.

[CAST] Los orígenes de este término son mucho más antiguos que su uso para describir el carácter de los vinos. La terminología, que parece haber surgido en época moderna, tenía en principio connotaciones negativas asociadas al sabor que la tierra le concedía a ciertos productos agrícolas. Algo, que, según se puede ver en documentación perteneciente al palacio de Versalles, se intentaba disimular o eliminar.

Su uso para el vino debe esperar, por contra, hasta el siglo XIX. Y, al mismo tiempo, en esta centuria acontece una resifgnificación en la que el terroir pasa a ser comprendido como algo beneficioso e interesante para los caldos. Gracias a hitos clave decimonónicos como la Exposición Universal del 1855, el desenrollo del sistema de Appellation d'origine contrôlée o el impacto de la filoxera, este término pasó a emplearse como forma de diferenciar positivamente a ciertos vinos frente a otros y, al mismo tiempo, destacar su calidad.

RAMÓN DO CASAR TREIXADURA E CUNQUEIRO 2025, GAÑADORES DA CATA CEGA  POPULAR DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRONa feira do viño ...
07/05/2026

RAMÓN DO CASAR TREIXADURA E CUNQUEIRO 2025, GAÑADORES DA CATA CEGA POPULAR DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

Na feira do viño do Ribeiro, celebrada a pasada fin de semana, máis de 200 participantes puideron votar polos seus viños o favoritos entre as 21 marcas presentadas ao concurso —14 viños brancos e 7 viños tintos— que avaliaron ás cegas, é dicir, sen saber que viño estaban a catar. O primeiro premio na categoría de viños brancos foi para Ramón do Casar Treixadura 2025 de Ramón do Casar, S.L., e Alberte 2025 de Bodegas Nairoa, S.L. quedou en segundo lugar. Entre os viños tintos, Cunqueiro 2025 de Bodegas Cunqueiro, S.L. resultou gañador, gañando o único premio nesta categoría.

La Feira do Viño do Ribeiro hizo entrega de los premios a los vinos ganadores de la Cata Popular

TERRAS DO NAVIA: A IXP MÁIS MOZA XA XENERA ENOTURISMO  Nas Terras do Navia, as primeiras referencias documentadas á vide...
05/05/2026

TERRAS DO NAVIA: A IXP MÁIS MOZA XA XENERA ENOTURISMO

Nas Terras do Navia, as primeiras referencias documentadas á vide remóntanse ao século XIII, En Negueira documéntanse contratos en 1468, que establecen unha superficie mínima de viñedo de 20 cavaduras que se debían plantar en cinco anos. Tradicionalmente, a zona de produción abastecía de viño a pobos da veciña Asturias. Hoxe en día é a IXP máis nova de Galicia.
Hai tres anos, Héctor e José, recuperaron os seus viñedos ancestrais para comercializar o seu propio viño nunha zona cunha longa tradición vinícola que foi en gran parte esquecida. Agora, este negocio compleméntase con Cabanas do Navia, xa que a idea é ofrecer catas e degustacións aos hóspedes. "Os dous negocios van da man", subliña o matrimonio. O seu obxectivo, din, é ofrecer aos visitantes a oportunidade de coñecer o proceso de elaboración do viño en todas as súas etapas, desde a plantación das vides ata a colleita.

Sara Fernández y Héctor Álvarez están a punto de inaugurar diez alojamientos turísticos en Coea, una pequeña aldea de Navia de Suarna en la que también recuperaron viñas. «Os dous negocios van da man», explican

NOVA EDICIÓN DA PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS DAS RUTAS DOS VIÑOS DE GALICIAA Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Vi...
04/05/2026

NOVA EDICIÓN DA PRIMAVERA DE PORTAS ABERTAS DAS RUTAS DOS VIÑOS DE GALICIA

A Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia celebra a súa 15ª edición cun calendario que reúne case un cento de actividades repartidas en distintas fins de semana dos meses de maio e xuño. A iniciativa está organizada por Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións das rutas dos viños das cinco denominacións de orixe galegas.
No conxunto da campaña participan 59 adegas, que abrirán as súas portas con visitas guiadas e gratuítas durante as datas programadas. Ademais, inclúense 61 actividades complementarias entre as que figuran percorridos por viñedos, rutas de sendeirismo, paseos en barco, catas comentadas, maridaxes con produtos gastronómicos e obradoiros temáticos.
Para máis información sobre as datas e actividades de cada ruta, pódese consultar o programa completo na páxina oficial de Turismo de Galicia, no link https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/portas-abertas-nas-rutas-dos-vinos?langId=es_ES

A Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia celebra a súa 

Dirección

Santo André De Camporredondo, S/n
Ribadavia
32415

Horario de Apertura

Jueves 10:00 - 14:30
Viernes 10:00 - 14:30
16:00 - 19:30
Sábado 10:00 - 14:30
16:00 - 19:30
Domingo 10:00 - 14:30
16:00 - 19:30

Teléfono

988 783 075

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Museo do Viño de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Museo do Viño de Galicia:

Compartir

Categoría