02/09/2026
Comezamos un novo curso moi especial para nós, pois no 2027 o Museo do Pobo está de 50 aniversario 🎂
🏛️💭 Por iso, o Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo ofrecerá a partir de xaneiro actividades para experimentar como se constrúe un museo e para convidarvos a imaxinar e construír o Museo do Pobo de mañá.
✏️ No programa didáctico do DEAC podedes atopar propostas para alumnado de infantil, primaria, secundaria e bacharelato centradas nestas e outras actividades de interese para o ámbito educativo: cápsulas do tempo, obradoiros participativos, visitas dialogadas arredor da historia do Museo do Pobo Galego, colaboracións coas radios escolares... e até un escape room polas nosas salas! 😉
🤲✨ Como cada curso, abrimos as portas á comunidade escolar para visitas, xogos e obradoiros desde o primeiro trimestre e durante todo o curso escolar. Estamos encantadas de recibirvos! 🤗
👉 Podedes consultar o programa escolar completo do curso 2026/2027 na nosa páxina web: https://www.museodopobo.gal/gl/evento/programa-escolar-para-o-curso-202627
😊 Que teñades un fantástico comezo de curso!
Cultura de Galicia Deputación da Coruña Pazo de Raxoi