01/07/2025
Seguro que con esta calor moitas e moitos xa fostes á praia pero, sabiades que pasar o día á beira do mar é unha forma de ocio bastante recente? 🏖️☀️
Este cubo infantil de folla de lata, dos anos 30, lévanos a unha época na que a praia comezaba a deixar de ser só un espazo asociado á saúde, ao que as clases acomodadas acudían a bañarse cun fin terapéutico, para ir gañando terreo como lugar de lecer.
Tanto o propio cubo, parte dos xogos na area, como as imaxes que o acompañan convídannos a imaxinar a esas nenas e nenos gozando da praia case un século atrás.