27/10/2025
- Mímesis, ou talvez non -
Non son poucas as veces que, cando miro para as miñas mans, non vexo as que me tocaron ao nacer. É a miúdo que vexo as mans de quen me ensinou a facer.
E non me refiro a algo poético, ou non soamente, vexo que mudan en canto a precisión, delicadeza ou fortaleza. Cando estou agarrando un trozo de madeira aparecen as mans de meu pai, utlizando as tesoiras as de miña nai, collendo unha copa de barro as de meu tio ou ao volante as do meu avó.
Teño a sensación de que, ás veces, vendo o coidado co que alguén serve o café, entendes mellor que sentimento acompaña algunha parte do proceso artesanal.
Pode que non sexa a única maneira de aprender, pode inclusive que non sexa a máis eficiente, pero posiblemente sexa a máis humana. Pois a beleza dinámica, termo que aprendín esta semana e que é parte fundamental da mestría, vai ligado á persoa e a súa experiencia.
Quizáis sexa unha metamorfósis máis que unha mímesis; quizáis sexan as mesmas mans que voltan e nos pasamos duns a outros.
—
- Mímesis, o tal vez no -
No son pocas las veces que, cuando miro mis manos, no veo las que me tocaron al nacer.
Es a menudo que veo las manos de quien me enseñó a hacer.
Y no me refiero a algo poético, o no solamente, veo que mudan en cuanto a precisión, delicadeza o fortaleza. Cuando estoy agarrando un trozo de madera aparecen las manos de mi padre, utlizando las tijeras las de mí madre, cogiendo una copa de barro las de mío tio o al volante las de mi abuelo.
Tengo la sensación de que a veces, viendo el cuidado con el que alguien sirve el café, puedes entender mejor que sentimiento acompaña alguna parte del proceso artesanal.
Puede que no sea la única manera de aprender, puede incluso que no sea la más eficiente, pero posiblemente sea la más humana. Pues la belleza dinámica, término que aprendí esta semana y que es parte fundamental de la maestría, va ligado a la persona y a su experiencia.
Quizás sea una metamorfósis más que una mímesis; quizás sean las mismas manos que vuelven y nos pasamos de unos a otros.