Fundación Luis Seoane

Despedimos a semana cun gravado realizado por Luis Seoane na década dos setenta, unha témpera estarcida sobre papel dos ...
05/06/2026

Despedimos a semana cun gravado realizado por Luis Seoane na década dos setenta, unha témpera estarcida sobre papel dos fondos da nosa colección (imaxe: arquivo da Fundación Luis Seoane)

O mar, a praia, presentes ao longo de toda a súa traxectoria, son os escenarios nos que Luis Seoane sitúa estas catro ob...
03/06/2026

O mar, a praia, presentes ao longo de toda a súa traxectoria, son os escenarios nos que Luis Seoane sitúa estas catro obras realizadas no cambio da década dos 40 aos 50, momento no que comeza a explorar as diferentes posiblidades do medio experimentando co fondo, a figura humana e o tratamento do rostro, que está desprovisto de trazos recoñecibles ou, no caso de "Máscaras a cabalo na praia", f**a agochado. As catro obras forman parte da exposición "Seoane reencontrado. Óleos 1945-1977", actualmente nas nosas salas. (de esq. a der.: Nu na praia, 1949; Máscaras a cabalo na praia, 1950; S/T, 1950; Cabalgando na praia, 1951. Fotografía de Raúl Fernández Ferreiro).

Un primeiro de xuño de 1910 nacía Luis Seoane en Bos Aires, fillo de emigrantes galegos, e para celebralo compartimos ho...
01/06/2026

Un primeiro de xuño de 1910 nacía Luis Seoane en Bos Aires, fillo de emigrantes galegos, e para celebralo compartimos hoxe con vós esta fotografía tomada no ano 1964 na que o artista posa na terraza da súa casa, situada na rúa Montevideo da capital arxentina, na que aparece retratado a través do seu cabalete de pintor (imaxe: arquivo da Fundación Luis Seoane)

As xilografías incluídas na carpeta “Doce cabezas” de Luis Seoane imprimíronse cos tacos orixinais en cor e en negro, co...
29/05/2026

As xilografías incluídas na carpeta “Doce cabezas” de Luis Seoane imprimíronse cos tacos orixinais en cor e en negro, como esta que compartimos hoxe con vós, nunha edición limitada de 70 exemplares numerados e asinados publicada en 1958 pola Galería Bonino, e ían acompañadas por un pequeno texto a xeito de prólogo no que o autor reflexionaba acerca da importancia do gravado como medio de comunicación e expresión artística ao longo da historia (imaxe: arquivo da Fundación Luis Seoane)

 Hoxe compartimos con vós catro das obras incluídas na exposición “Seoane reencontrado. Óleos 1945-1977”, un proxecto qu...
27/05/2026


Hoxe compartimos con vós catro das obras incluídas na exposición “Seoane reencontrado. Óleos 1945-1977”, un proxecto que afonda na linguaxe pictórica de Luis Seoane a través dunha selección de óleos do legado que levaban máis dunha década sen ser expostos, como “Pelando patacas” (1950), á esqueda da imaxe; e que, nalgúns casos, nunca se mostraran nas salas da Fundación, como “Muller levando unha gran cesta”, “A discusión” e “Cabeza con canasto”, todas realizadas no ano 1958. Este domingo 31 de maio, ás 12:00 horas, acolleremos unha nova visita guiada de acceso libre a esta mostra (AVISO: o aforo para participar na visita está limitado a 30 persoas. Fotografía: Raúl Fernández Ferreiro)

Bos días!Luis Seoane. S/T, 1958. Xilografía incluída no álbum "Doce cabezas" publicado en Bos Aires pola Galería Bonino ...
25/05/2026

Bos días!
Luis Seoane. S/T, 1958. Xilografía incluída no álbum "Doce cabezas" publicado en Bos Aires pola Galería Bonino (imaxe: arquivo da Fundación Luis Seoane)

Un ano máis, a Fundación Luis Seoane será unha das sedes que acollerá a programación do (S8) Mostra de Cinema Periférico...
22/05/2026

Un ano máis, a Fundación Luis Seoane será unha das sedes que acollerá a programación do (S8) Mostra de Cinema Periférico, a cita imprescindible co cinema experimental e de vangarda que, nesta ocasión, celebra a súa 17ª edición cos eclipses como imaxe e como protagonistas da súa sesión inaugural . Tedes + info no enlace seguinte: https://fundacionluisseoane.gal/gl/actividades/s8-xvii-mostra-de-cinema-periferico/

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, este sábado 23 de maio, ás 13:00 horas, acolleremos unha visi...
20/05/2026

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, este sábado 23 de maio, ás 13:00 horas, acolleremos unha visita guiada á exposición "Seoane reencontrado. Óleos 1945-1977". O acceso a esta actividade é libre (prazas limitadas, máximo 30 participantes. Fotografía de Raúl Fernández Ferreiro)

Lembrámosvos que hoxe xoves, ás 19:00 horas, acolleremos a inauguración da exposición "Seoane reencontrado. Óleos 1945 -...
14/05/2026

Lembrámosvos que hoxe xoves, ás 19:00 horas, acolleremos a inauguración da exposición "Seoane reencontrado. Óleos 1945 - 1977".

Dirección

Calle San Francisco, 27
A Coruña
15001

Horario de Apertura

Martes 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00
Miércoles 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00
Jueves 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00
Viernes 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00
Sábado 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00
Domingo 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00

Teléfono

+34981216015

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Luis Seoane publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Fundación Luis Seoane:

Compartir