Museo Provincial do Mar

Museo Provincial do Mar Museo Provincial do Mar: http://museodomar.blogspot.com.es/ Este Museo debe o seu nacemento no ano 1969 a D. Francisco M.

Rivera Casás, gran coleccionista de obxectos mariños, que exerceu a súa profesión de mestre desde 1934 ata 1982 en San Cibrao combinándoa con ensinanzas marítimo-pesqueiras. Dende 1994 da Asociación de Veciños “Cruz da Venta” de San Cibrao ocupouse da xestión do Museo ata que, no ano 2004, a Deputación Provincial de Lugo se fixo cargo a través do Museo Provincial de Lugo dirixido pola xerente, En

carna Lago González dende 1999 deste xeito pasa a ser a responsable do museo do mar dende o 2004 ata a actualidade. No ano 2006 pasa a formar parte da Rede Museistica Provincial. No 2010 levase a cabo un novo proxecto museoloxico e museográfico convertindose no museo mais accesible de Galicia. O Museo conta con catro salas:

A primeira sala mostra documentación gráfica, maioritariamente fotografías, de San Cibrao así como da flota galega dos primeiros anos do século XX e unha máquina de vapor. A segunda sala está dedicada á caza das baleas en San Cibrao (da que xa existen documentos no século XVI) nela amósanse restos óseos de baleas capturadas en San Cibrao, algúns do S.XVIII, e con medidas que poden acadar os catro metros de lonxitude. Expóñense tamén útiles usados no despezamento destes cetáceos. A sala complétase con paneis informativos sobre os diferentes tipos de baleeiras, unha clasificación xenérica dos tipos de cetáceos e o aproveitamento da balea. A terceira mostra unha colección malacolóxica onde se poden observar numerosas pezas agrupadas nos cinco principais grupos de moluscos. A cuarta está composta por abundante instrumental de navegación como compases, sextantes, rodas de temón, farois, áncoras, cartas náuticas, etc.

Obradoiro: Amar a mar: Unindo Vidas
02/05/2026

Obradoiro: Amar a mar: Unindo Vidas

O vindeiro sábado 2 de Maio imos a ter un novo OBRADOIRO :“AMAR A MAR: UNINDO VIDAS”Neste obradoiro imos a falar das sup...
01/05/2026

O vindeiro sábado 2 de Maio imos a ter un novo OBRADOIRO :“AMAR A MAR: UNINDO VIDAS”

Neste obradoiro imos a falar das superheroínas do cotián, das nosas nais, avoas, veciñas... Desas mulleres que vedes todos os días e que co seu esforzo construén o noso mundo. Aprenderemos a valorar o seu traballo, tanto dentro coma fóra da casa. Faleremos de igualdade e corresponsabilidade.

Imos investigar nos nosos entornos como as mulleres foron gañando espazos: desde as fábricas de conservas ou o traballo no campo, ata chegar a ser astronautas ou presidentas. Todas elas igual de importantes. Valoraremos os vínculos afectivos a través das figuras femininas que temos preto de nós, entendendo que se un de nós solta o fío, a rede debilítase.
Explicaremos que "Unir Vidas" significa que todxs estamos conectadxs e que o noso coidado inflúe nos demais. Para que a vida funcione, todxs temos que soster o noso anaco de rede.
E para amosalo construiremos unha “rede”, tecida entre todxs, baseada no intercambio de ideas e experiencias, como as gotas que forman un océano.
"Amar a amar é ser o faro que guía e a rede que recolle".

IDADES: de 6 a 12 anos
DATAS: sábado, 2 de maio
HORARIO: de 11:30 a 13:30 h.
10 PRAZAS

30/04/2026
Hoxe con Raquel Marqués Laso
30/04/2026

Hoxe con Raquel Marqués Laso

📢 Este xoves 30 de abril, teremos un novo Encontro de Saberes no Museo Provincial do Mar de San Cibrao. Desta volta ache...
29/04/2026

📢 Este xoves 30 de abril, teremos un novo Encontro de Saberes no Museo Provincial do Mar de San Cibrao. Desta volta achegarase a falar connosco Raquel Marqués Laso, que exerce de fisioterapeuta en Foz. Raquel porá a saúde nas nosas mans, entendida coma un benestar pleno: físico, mental e social. Abordará o tema desde un punto de vista profesional, mais tamén persoal, desde a súa propia experiencia como persoa con discapacidade visual.

⚓ Temos unha cita, non faltedes!

ENCONTRO DE SABERES: “A saúde nas túas mans (e nas miñas)”, con Raquel Marqués Laso.

Museo Provincial do Mar

30 abril, ás 17:30 h.

20/04/2026

O programa propón pensar os museos como espazos de acollida e participación

Obradoiro “Facémonos entender”
18/04/2026

Obradoiro “Facémonos entender”

18/04/2026

Seguimos poñendo en marcha ferramentas para avanzar en museos e institucións culturais que poñan as persoas no centro

A Rede Museística Provincial de Lugo pon lanza unha nova edición de 'Estrategias de Museoloxía social: saúde, cultura de paz e bo vivir'

Un espazo de aprendizaxe compartida para reflexionar sobre os retos da museoloxía social a partir da exoeriencia de museos e knstitucións culturais como a Fundación Museos da Cidade de Quito, o Museo de Antioquia (Colombia), o Museo La Ligua Arturo Quezada Torrejón (Chile), o Museu Valencià d’Etnologia (Valencia), o Museo da Paz de Gernika (Bizkaia, ES) ou Centre d’Art la Panera (Lleida).

O programa inclúe un ciclo de conversas en liña, un espazo dixital para compartir recursos e experiencias inspiradoras e unha divulgación final das conclusións colectivas.

🗓️ Mércores 13 e 20 de maio e 3 e 10 de xuño 🕡 17:00–18:30h (CEST/UTC+2)

ℹ️ Info e inscricións abertas en: comunidadermpl.gal/estratexias-de-museoloxia-social-2026/

15/04/2026

A mostra fotográfica abrirase o 15 de abril na praza de San Marcos cun acto acompañado por figuras da cultura galega

Dirección

San Ciprian, Avenida Da Mariña S/n
Cervo
27890

Horario de Apertura

Martes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Sábado 11:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Domingo 11:00 - 14:00

Teléfono

+34982594572

Página web

http://www.youtube.com/user/museodomar

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Museo Provincial do Mar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Museo Provincial do Mar:

Compartir

Categoría