Museo Provincial de Lugo

Museo Provincial de Lugo Museo creado o 29 de febreiro de 1932 e inaugurado o 10 de xaneiro de 1934. Conta con 28 salas.
(220)

Situado no antigo convento de San Francisco, conserva deste vello cenobio o refectorio, a cociña e o claustro (delarados Ben de Interese Cultural).

ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DO DECRETO DE DECLARACIÓN BIC DA COLECCIÓN DE OURIVERÍA ÁLVARO GIL VARELAO 4 de xuño cúmprens...
04/06/2026

ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DO DECRETO DE DECLARACIÓN BIC DA COLECCIÓN DE OURIVERÍA ÁLVARO GIL VARELA
O 4 de xuño cúmprense 11 anos da publicación no Diario Oficial de Galicia do Decreto 77/2015, de 21 de maio, polo que se declara Ben de Interese Cultural a colección de ourivería Álvaro Gil Varela, lembrando que en 2018 a Deputación de Lugo rematou a adquisición deste conxunto e procedeu á inauguración dunha nova sala para albergar a xa denominada colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo.
Con motivo desta efeméride, o MPL acaba de facer pública, por medio dunha exposición virtual en Omeka, o conxunto de xoias áureas que custodia na sala 8. Esta mostra pemitirá visualizar en liña todas as pezas da colección de ourivería, coas súas correspondentes fichas catalógráficas, unha contextualización histórico-artística e diversos recursos multimedia e bibliográficos. Deste xeito, foméntase a accesibilidade a unha das coleccións máis senlleiras do museo, ao tempo que se proporcionan elementos de estudo tanto para investigadores como para público xeral.
Omeka permite organizar, describir e exhibir obxectos de museo, así como amosalos virtualmente a través dun deseño moderno, de estética clara e accesible no que se empregan abundantes imaxes e materiais multimedia; o que permite crear exposicións virtuais atractivas e interactivas.
Enlace para ver a exposición: https://omeka.redemuseisticalugo.org/s/ouriveria-antiga/page/inicio
Vicepresidencia. Deputación de Lugo

02/06/2026

A Vicepresidencia da Deputación avanza no plan de mellora do espazo museístico, que pon en valor 23 pezas arqueolóxicas e coincide co 95 aniversario da declaración do claustro como monumento

ENCONTRO ARREDOR DE NICANDRO ARES. NOMES DE LUGOMotivación:Actividade relacionada co centenario do nacemento de Nicandro...
01/06/2026

ENCONTRO ARREDOR DE NICANDRO ARES. NOMES DE LUGO

Motivación:

Actividade relacionada co centenario do nacemento de Nicandro Ares Vázquez, membro da Xunta Reitora do Museo Provincial de Lugo e pioneiro no estudo das súas coleccións epigráficas. Principal impulsor das publicacións toponímicas da provincia de Lugo.

Día: venres 5 de xuño (o domingo 7 cumpriríanse 100 anos do seu nacemento)

Hora: 18:30 h

Lugar: Museo Provincial de Lugo

Coordinación: Aurelia Balseiro, directora do MPL

Obxectivos:

• Visualizar aos museos como pontes para conectar historias, culturas e xeracións como se expresa no lema do día internacional dos museos (DIM 2026): “MUSEOS UNINDO UN MUNDO DIVIDIDO”.
• Abordar as contribucións de persoeiros relacionados co Museo Provincial de Lugo para lembrar a historia e a historiografía lucense.
• ​Difusión e divulgación de estudos e investigadores para transferir as súas aportacións á sociedade.

• ​Crear un espazo de recoñecemento, reflexión, debate, intercambio e participación interdisciplinar aberto á cidadanía.

Desenvolvemento do acto:

• Presentación a cargo da Deputada de Cultura, Iria Castro, xunto con Mª Dolores Sánchez Palomino, académica de número e membro da directiva da Real Academia Galega, por delegación do seu Presidente e a directora do MPL.
• Mesa redonda moderada pola Directora do MPL, Aurelia Balseiro, coa participación de Felipe Arias Vilas, Enrique Montenegro Rúa, Antón Santamarina Fernández, todos eles relacionados coa vida e obra de Nicandro Ares.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Don Nicandro Ares, bonhomía e sabedoría



O 22 de xullo de 2017 faleceu en Lugo o sacerdote Nicandro Ares Vázquez, que nacera en Santalla de Bóveda o 7 de xuño de 2026, e cómpre resaltar - como se fixo no seu funeral e na prensa local - tanto a súa exemplar bonhomía e humildade persoal como o seu inxente traballo como investigador en varias parcelas da filoloxía, da epigrafía e da arqueoloxía e historia lucenses.

O lembrado don Nicandro foi profesor no Seminario Diocesano e en varios Institutos de Ensino de Lugo e formou parte de varias comisións de tema patrimonial, pero o que nos cómpre destacar aquí son os numerosos e importantes traballos que ao longo da súa dilatada vida nos deixou Nicandro Ares con referencia, sobre todo, a tres temas fundamentais:

- Os diferentes aspectos arqueolóxicos presentes no monumento e no contorno de Santalla de Bóveda, a súa parroquia natal e de residencia (aínda que nunca exercera alí de párroco); algúns daqueles aspectos son coñecidos por mor das súas importantes achegas arqueolóxicas e documentais (por ex., no Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo), e marcaron sen dúbida un fito na interpretación deste singular conxunto monumental.

- O estudo de máis de 5.000 topónimos da provincia e da diocese lucense, con referencias etimolóxicas dunha enorme clarividencia e rigorosidade por mor da extensa e atinada bibliografía que el sempre manexaba, o que deu lugar á publicación por parte da Real Academia Galega (da que era membro Correspondente) de dous voluminosos tomos sobre Toponimia que recollen os seus numerosos traballos dispersos en varias publicacións coma Grial, Boletín do Museo Provincial de Lugo, Lucensia, El Progreso, etc.

- As moitas e diversas achegas sobre a epigrafía lucense, maiormente a romana pero tamén a medieval, realizadas desde os anos 50 do s. XX ata tempos ben recentes, con lúcidos estudos e preclaras intuicións sobre a lectura de inscricións, coa interpretación etimolóxica e histórica de antropónimos e topónimos prerromanos, latinos e mesmo xermánicos, converténdose tamén nunha referencia verdadeiramente impagable neste tema.

Felipe Arias Vilas





CV resumidos dos RELATORES



FELIPE ARIAS VILAS

Licenciado en Filosofìa e Letras pola USC, foi Profesor de Historia e Arqueoloxía e Bolseiro de investigación na dita Universidade ata 1974. Como Técnico Facultativo de Museos foi Director-Conservador do Museo de Lugo de 1976 a 1984, e desde 1983 dirixiu o Museo do Castro de Viladonga ata a súa xubilación en 2014, así coma os traballos arqueolóxicos neste xacemento. De 2005 a 2009 foi Director xeral de Patrimonio Cultural, da Xunta de Galicia. Foi Profesor-investigador ad honorem na Facultade de Humanidades de Lugo (2015-2020, honorífico desde 2021).

Membro de diversas entidades de carácter académico, científico e cultural, é patrón fundador do Museo do Pobo Galego. Participou en numerosas reunións científicas, así como en varias campañas de escavación e prospección arqueolóxica, e en varios proxectos e inventarios relacionados co Patrimonio Cultural. É autor de máis de trescentas publicacións e colaboracións (só ou en obras colectivas) sobre temas de Arqueoloxía, Historia Antiga, Museoloxía e Patrimonio Cultural, e ten participado en máis de trescentas conferencias e mesas redondas sobre estes temas dentro e fóra de Galicia. Recibiu varios premios e distincións, só ou formando parte de institucións colectivas.

Vid.: http://galegos.galiciadigital.com/es/felipe-arias-vilas

https://academia.gal/-/o-historiador-felipe-arias-novo-membro-correspondente-da-real-academia-galega?redirect=%2Finicio


ENRIQUE MONTENEGRO RÚA

​Doutor en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid (2016). Previamente licenciárase na facultade de Xeografía e Historia da Universidade Nacional de Educación a Distancia (2000) e obtivo o título oficial de “Máster Universitario en Sistemas Informáticos e Redes” pola Universidade de Alcalá de Henares (2010).
​Na súa etapa de formación arqueolóxica, dentro do ámbito galaico hai que destacar a súa débeda co Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, onde tivo a posibilidade de colaborar activamente tanto desde o punto de vista da divulgación arqueolóxica, coa edición de Croa (Boletín da Asociación de Amigos) e a creación da publicación electrónica e-Castrexo, como en traballos de escavación no propio xacemento.
Desde o ano 2004, a súa investigación centrouse, en maior medida, no monumento de Santalla de Bóveda (Lugo), tema da súa tese doutoral, sobre o que xa publicou monografías, artigos en revistas especializadas, colaborado en publicacións colectivas e participando como relator en congresos nacionais e internacionais, cursos e conferencias.


ANTÓN LUIS SANTAMARINA FERNÁNDEZ
​Lingüista especializado no ámbito da lexicografía. Ten realizado tamén numerosas achegas no ámbito da gramática, a sociolingüística, a dialectoloxía e a didáctica. Os seus traballos contribuíron a afondar no coñecemento do estado da lingua e das súas variantes, así como ao establecemento da súa actual forma culta. Catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela, onde desenvolveu toda a súa carreira académica, é membro do Instituto da Lingua Galega (ILG), do que foi director. É membro dos seminarios de Lexicografía e Onomástica da Real Academia Galega e coordina este último desde o ano 2019.
Vid.: https://academia.gal/membro/-/membro/anton-luis-santamarina-fernandez

01/06/2026
31/05/2026

Dignificar o patrimonio laboral feminino no rural galego. A través de dez retratos a gran escala de gandeiras, veterinarias e apicultoras, Caldas desafía a i...

Presentación do catálogo de “Facedoras de Lugo” Mar Caldas
30/05/2026

Presentación do catálogo de “Facedoras de Lugo” Mar Caldas

Dirección

Soidade, 7
Lugo
27001

Horario de Apertura

Lunes 10:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 10:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 10:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:30 - 14:00
17:00 - 20:00
Domingo 11:00 - 14:00

Teléfono

+34982242112

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Museo Provincial de Lugo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Museo Provincial de Lugo:

Compartir

Categoría